2 de outubro de 2014

Premio de Micronovela Emerxente


Poderán concorrer ao I Premio de Micronovela Emerxente autoras e autores de qualquer nacionalidade, apresentando uma obra escrita em qualquer das normas do galego-portugués (RAG, AGAL, Portugués Padrón).
O premio constará da publicação do livro, numa primeira edição de cem exemplares, donde derivarão os preceptivos direitos.
As obras aspirantes, que deverã ter uma extensião comprendida entre as 50 e as 60 páxinas (Times New Roman, 12, espaciado duplo), serão inéditas na sua totalidade e em qualquer formato, físico ou dixital.
Os orixinais deberanse presentar sen referencia expresa á súa autoría e polo sistema de plica. Enviaranse dúas copias en formato físico, baixo lema. O mesmo lema deberá figurar no exterior dun sobre pechado que conteña os seguintes datos: título da obra, nome e apelidos da autora ou autor, enderezo postal, enderezo electrónico e teléfono de contacto.
O prazo de admisión rematará o 20 de decembro de 2014.
Os traballos enviaranse por correo postal ao seguinte enderezo, indicando no envelope: 

I Premio de Micronovela Emerxente:
Alberte Momán Noval (Editora Emerxente)
Rúa Rei don García, 3, escaleira dereita, 5ºD- 27001 Lugo.

O xurado estará composto por persoas ligadas ao mundo da creación literaria. Corresponderalle ao xurado a interpretación destas bases e a súa decisión será inapelable.
O fallo darase a coñecer durante o mes de febreiro de 2015.
O Premio de Micronovela poderá quedar deserto.
Os orixinais enviados non serán devoltos.

Editora Emerxente